Razón - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Razón
Do latín "ratio", termo co que Cicerón traduciu o grego "logos" (que significaba, entre outras cousas, tanto "cálculo" como "discurso", significados que adoptará tamén "ratio"). Por "razón" enténdese, en xeral, aquela facultade ou capacidade humana pola que se acada o coñecemento discursivamente, isto é, partindo de premisas para chegar a algunha conclusión, ou conclusións, que se derivan daquelas. A razón asimílase, así, á "diànoia" (coñecemento discursivo) e oponse a "nous" (coñecemento intuitivo). En virtude de tal oposición, ao ser o termo "nous" traducido polo latino "intellectus" (entendemento) a razón remata por opoñerse ao entendemento, en autores coma Kant, Hegel e na escola de Frankfurt, por exemplo.